Benvido a HazteOir.org, a web do cidadán activo

Se che gosta a vida pública, pero non sabes cómo influir nos que toman decisións, éste é o teu sitio.
Explora todas as nosas seccións para facerte unha idea dos servizos que ofrecemos. Dende HazteOir.org podes enviar unha carta ós 120 medios máis importantes de España, facer chegar as túas inquietudes ós teus deputados, participar na nosa enquisa ou no Foro HazteOir, onde aportar as túas ideas e comentarios sobre os temas que plantexamos nas nosas alertas lexislativas. Dende as nosas páxinas, tes acceso a prácticamente todas as publicacións españolas e moitas internacionais. Ademáis, ofrecémoste as ligazóns e documentos máis útiles para o activista.
"Nunca dudes que un grupo pequeno de cidadáns reflexivos e comprometidos pode cambiar o mundo" (Margaret Mead)
"Nunca me preocupou a acción, só a inacción." (Winston Churchill)
"Fai pouco negaron en Estados Unidos a un condeado a morte o derradeiro cigarrillo porque cambiaran as normas da prisión e estaba prohibido fumar. A Sara e a min pareceunos unha cabronada e incluso Pitagorín diciu que era un disparate. Sara propoñeu escribir unha carta ó alcaide desa prisión asinada por todos os da clase, ó gobernador do Estado ou a quen correspondera. Foi á Embaixada de Estados Unidos a pedir información pero chegou fora do horario de atención ó público e despois se lle pasou: estaba preocupada xa por outros problemas e outras inxusticias. Sara era un pouco inconstante, a verdade. No fondo, ben pensado, todos os principios son bos, ou alo menos teñen posibilidades, excepto os desastres precoces." (Martín Casariego)
"Un dos primeiros e máis importantes orixes do mal que aqueixa á patria consiste no independentismo da masa neutra... A realidade é esta: a inmensa maioría do pobo español está abstenida, non intervén para nada na cousa pública... o goberno non se comunica co pobo. Este é o vello achaque o réxime. Hai que atraer a esa masa que vive á marxe de todo." (Antonio Maura)
¿Por qué HazteOir?
¿Resúltache familiar a seguiente historia? Estás lendo o xornal ou escoitando as novas, cando te atopas con unha historia sobre alguén que está facendo ou dicindo algo que non te fai moita gracia. Ese activista, xeralmente pasivo, que habita en ti, salta e grita: "¡isto non pode seguir así! ¡teño que facer algo!"
Desafortunadamente, a historia normalmente remata neste punto, porque (a) es virtualmente imposible contactar con ese político ou xornalista que puido facer algo por ti; ou (b) se así o fixeras... ¿realmente fariate caso?
HazteOir.org foi fundado por un grupo de amigos que desexaba expresar - facer oír - a súa opinión, pero que non sabía exactamente con quén falar. Cidadáns que, coma ti e coma millóns de españois, chegamos a desconectar do noso Goberno. Sen embargo, tiñamos algunha idea para tentar solucionar este problema.
Entendimos a Internet como o vehículo perfecto para volver conectar á xente cos seus políticos. Así é como creamos Hazteoir.org.
HazteOir.org é o curruncho onde non só te podes informar sobre os temas de máis rabiosa actualidade política, ou das leis que o noso parlamento tramita. Tamén é o lugar onde poderás actuar ante eles.
Todos os ciudadáns con acceso a Internet poden, a partir de agora, participar nas nosas enquisas on-line ou nos foros dos partidos políticos, enviar mensaxes a políticos e xornalistas, remitir cun so "click" unha carta ós 120 medios máis importantes de España, ou asinar manifestos en axuda dos máis necesitados.
Isto e moito máis é HazteOir.org. Faite oír.
¿Qué queremos?
HazteOir.org asume como misión promover a participación dos cidadáns na política. Cremos que ésta é a mellor forma de recuperar a dignidade da cosa pública e de facer que a nosa democracia se convirta en algo real - participativo - durante os 4 anos que transcorren entre cada unha das eleccións.
Cremos que a sociedade é anterior ó Estado, que a política é esencialmente vocación de servizo, que os gobernantes teñen o deber de escoitar ós gobernados.
Dende unha concepción cristiá do home e da sociedade, afirmamos a dignidade da persoa e a importancia de valores como a liberdade, a xustiza e a solidariedade. Queremos contribuir á construcción dunha sociedade máis xusta, favorable á realización integral das personas.
Os nosos proxectos están destiñados a afirmar e promover (i) a participación política, (ii) a dignidade da persoa, e (iii) o valor da vida. Se queres saber máis, báixate o Ideario da nosa Asociación.
¿Quén somos?
HazteOir.org é unha asociación civil, debidamente inscrita no Rexistro do Ministerio do Interior, baixo o número 167.805, e con N.I.F. G-83.068.403.
HazteOir.org segue traballando por un mundo mellor gracias ó traballo desinteresado dun grupo de amigos que cree que o cambio é posible. Formamos parte de HazteOir.org: o equipo HO, os socios, colaboradores, lectores, suscriptores e activistas. Ti. Entre todos, facemos que HazteOir.org siga sendo unha realidade.
¿Es periodista? | ¿Tes algunha outra pregunta? | ¡Faite socio!







"Nunca dudes que un grupo pequeno de cidadáns reflexivos e comprometidos pode cambiar o mundo" (Margaret Mead)






Comentarios recientes
hace 6 horas 27 mins
hace 7 horas 11 mins
hace 7 horas 13 mins
hace 7 horas 42 mins
hace 9 horas 42 mins
hace 9 horas 46 mins
hace 10 horas 14 mins
hace 10 horas 34 mins
hace 10 horas 53 mins
hace 10 horas 54 mins