Estudio Ambiental Enlace Via Artabra / AP-9

Petición a: alberto nuñez feijoo. Presidente Xunta de Galicia

 

Estudio Ambiental Enlace Via Artabra / AP-9

0100
0
 
0 personas han firmado. Ayúdanos a llegar a las 100 firmas.

Estudio Ambiental Enlace Via Artabra / AP-9

A vía Artabra é un proxecto de comunicación da Área Metropolitana de A Coruña. Comezóuse a construir desde Sada e Oleiros, agora afrontase unha nova fase, cruzando o municipio de Cambre.

No ano 2006, o Pleno do Concello de Cambre, apróbou un trazado da Vía polo municipio. Non embargantes, o proxecto aprobado pola Xunta de Galicia foi diferente e non avalíaba a afección sobre a vexetación autóctona, as especies de flora e fauna silvestre, nin sobre os hábitats de interese comunitario, os recursos naturais (auga, solos, etc), conforme ao disposto na lexislación ambiental vixente no momento en que foi redactado. Ademáis, o proxecto constructivo modificou substancialmente o trazado inicial, de xeito que o novo trazado incrementa nun 22% a lonxitude total do treito inicial engadindo parte dunha Alternativa que fora rexeitada polo “seu elevado impacto ambiental”.

Así, o proxecto produce unha impactos negativos significativos sobre o medio, cunha afectación crítica a un elemento catalogado polos seus valores ecolóxicos e paisaxísticos: “o Humidal da Gándara”, expresamente protexido polo Concello de Cambre e baixo á xurisdición da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural por estar incluída no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.

No ámbito protexido da Gándara, o proxecto prevé canalizar o Rego de Folgueira ( en 400 m) e o Río da Gándara (en 250 m). Curiosamente, na memoria do proxecto refírese a “canalización de dous regatos de menor entidade”. Por outra parte, a implantación da infraestrutura afecta severamente ao bosque higrófilo desenvolto sobre as chairas aluviais que será destruído nunha superficie de 5 ha, afectando a hábitats e especies protexidas pola lexislación. O humidal acolle hábitats de interese comunitario, como o prioritario 91E0* “Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)”, e especies ameazadas ou en risco de extinción, incluídas no Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia.

Os corredores fluviais do Río da Gándara e do Rego das Folgueiras -conforme á lexislación- deben ser obxecto de protección, pero a obra proxectada vai sepultar o corredor afectando severamente a conectividade ecolóxica, sin sequera pasos de fauna previstos. A funcionalidade do corredor ecolóxico do sistema fluvial do Río da Gándara motivou a súa recente inclusión nas zonas tampón da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, xa que estas áreas de amortiguamento -ademais de desempeñar unha función de conservación da diversidade biolóxica e antropolóxica- serven para o intercambio xenético entre as especies e os seus desprazamentos polo territorio.

Soprendentemente, a Declaración de Impacto Ambiental declara: “Non se atopan espazos naturais nin hábitats afectados directamente polas alternativas”. Tampouco consta no Proxecto consulta ningunha á Consellería de Cultura, referida ao elemento catalogado no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, sendo de aplicación o réxime de protección dos bens inventariadosda referida Lei; para evitar a súa desaparición e necesaria a autorización da Consellería de Cultura para calquera intervención.

Malia as incidencias referidas, a Declaración de Impacto Ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, validou o procedemento.

Dado que esta planificación da infraestrutura orixinará un impacto territorial inaceptable, esiximos unha paralización do proxecto (xa en fase de expropiación, a pesares de non contar coa autorización do Ministerio de Fomento) ata que se realice un estudo riguroso do impacto ambiental.

Esta alerta ha sido creada por un ciudadano o una organización independiente de HazteOir.org. HazteOir.org no se hace responsable de su contenido.

¡Firma esta alerta ahora!

 
Introduce tu nombre
Introduce tus apellidos
Introduce tu e-mail
Introduce tu país
Por favor, introduzca su provincia
HazteOir.org protegerá tu privacidad y te mantendrá informado/a sobre esta y otras campañas.

Petición a: alberto nuñez feijoo. Presidente Xunta de Galicia

Estudio Ambiental Enlace Via Artabra / AP-9

Atentamente,
[Tu nombre]

Estudio Ambiental Enlace Via Artabra / AP-9

Firma esta alerta ahora

0100
0
 
0 personas han firmado. Ayúdanos a llegar a las 100 firmas.